A Plataforma é contraria á utilización de bandeiras e simboloxías partidarias nas súas andainas.
A Plataforma pola protección da serra do Galiñeiro quere unha vez mais agradecer aos asistentes á IV andaina a súa participación e o seu apoio a nosa causa.
Tamén quere manifestar que é contraria á utilización de bandeiras e/ou calquera simboloxía partidaria nas súas andainas como aconteceu na que vimos de celebrar.
Manifestamos tamén a nosa inquedanza ante os intentos de patrimonialización das nosas reivindicacións por parte dalgún partido político, fora dos espazos e cauces que lles son propios para levar a cabo a súa defensa do territorio.
Non sabedes o equivocados/as que estades. Non podedes prohibir -nin sequera deberiades mirar con malos ollos- os símbolos das organizacións que vos apoian. Máis que de apartidismo, estades dando unha imaxe de antipartidismo, e iso é moi, moi desafortunado. E se o que prohibides é a bandeira galega, entón para que seguir falando… 😦
Así non iredes moi lonxe, e provocaredes máis antipatía que solidariedade por moi acertados que sexan os vosos fins.
Unha cousa é ser contrario e outra é prohibir…
Estades parvos, oh!