Agradecementos

26 Nov

Queremos agradecervos as miles de alegacións que xuntamos en contra do poligono eólico. Especialmente a aquelas persoas que colaboraron na entrega do formulario e da recollida do mesmo. Sabemos que somos muitos e muitas aos que nos preocupa o Galiñeiro pero para os que estamos na Plataforma é unha axuda mui grande contar con persoas tan dispostas a traballar. A axuda é tanto física como anímica.

Que saibades que a Plataforma desexa que máis persoas e asociacións ou organizacións entren a formar parte dela. Só dese xeito poderemos protexer este espazo natural. Parécenos que hoxe por hoxe non hai outro camiño. Non tendes máis que dirixirvos a nós. 

Aproveitamos para anunciar aos que queiran acompañarnos, que o mércores día 28, ás 11,30, faremos a entrega masiva no rexistro do edificio administrativo da Xunta, en Vigo, dos  miles de alegacións individuais en contra do parque eólico que recollimos durante este mes. 

Se aínda non deixaches a túa nos lugares indicados, faino. Non obstante aqueles/as que aínda non cumprimentasen a súa alegación ou non nola diran a nós, que saiban que teñen de prazo ata o día 30 para entregala en calquera rexistro da administración autonómica ou local.

Ánimo en contra da especulación! Neste caso especulación eólica!

Advertisements