Domingo 13 de maio: III Andaina pola protección da Serra do Galiñeiro

 

30 Abr

Desde esta Plataforma convidámosvos a todas e a todos, desde a xente maior ata os pequenos e pequenas da casa, á III Andaina Pola Protección da Serra do Galiñeiro. Nesta ocasión realizaremos un novo percorrido, que denominamos a Ruta da Auga.

O vindeiro domingo 13 de maio, terá lugar a III Andaina pola Protección da Serra do Galiñeiro.

Saída: Aparcamento do campo de fútbol A Pasaxe, en Vincios ás 10:30 h.

Chegada: Parque Forestal do Galiñeiro (Vincios) ás 14:30 h.

Toda a información aquí: III Andaina pola Protección da Serra do Galiñeiro

Ao remate:

Lectura manifesto a cargo do escritor

MANUEL RIVAS

Lectura de poemas a cargo de:

Pepe caccámo, Iago Castro, Silvia

Penas, Oriana Méndez e Anxo

Angueira.

Actuacións Musicais

Tino Baz, Cantareiras do Alba e

Leo Arremecághona
Non faltedes !!!
Advertisements