Manifesto en defensa da Serra do Galiñeiro
O avance do deterioro do medio natural en Galicia ten hoxe un dos máis claros e infamantes exemplos na grave situación que vive a Serra do Galiñeiro, espazo de extraordinario valor que comparten os concellos de Vigo, Gondomar, Mos, O Porriño e Tui.
A pesar de que no ano 2008 se anunciaba a ampliación do Parque Natural do Monte Aloia a todo o cordal da Serra do Galiñeiro, aínda hoxe a desprotección dos seus valores naturais, culturais, sociais e económicos continúa sendo total.
Aínda hoxe os demostrados valores xeolóxicos, biolóxicos, paisaxísticos, históricos, arqueolóxicos, etnográficos, etc deste espazo senlleiro no que se recoñecen os habitantes de todos estes concellos continúan estando en perigo diante das agresións producidas polo grave impacto de actividades irresponsables co medio (proliferación de canteiras, vertedoiros e pistas, política forestal de extensión de especies foráneas, destrución do patrimonio arqueolóxico…) e de proxectos que o degradarían irreversiblemente (parque eólico, estradas de circunvalación, industria trituradora…).
O Corno do Demo e tódolos contos e lendas do Galiñeiro non teñen prezo. A gandería ecolóxica de pastoreo, os cabalos do monte e os curros de Vincios e de Morgadáns non teñen prezo. O lecer, os camiños, os subeiros, as pedras, as sombras, as augas, os estudos feitos e os que aínda se han facer, as illas ó lonxe, os poemas e os libros, o que perdemos e atopamos no Galiñeiro, nada de todo iso ten un valor calculable porque ese é un patrimonio común e natural que non se pode comprar nin vender, un patrimonio destas bisbarras, da Terra de Turonio, pero tamén de Galicia e mais da Humanidade.
Cómpre rematar con todo isto. Cómpre que a Xunta de Galicia acometa dunha vez a protección da Serra. Cómpre que se estenda o Parque Natural do Monte Aloia a todo o cordal do Galiñeiro seguindo a lóxica do que é un mesmo ecosistema.
Protexamos o que é noso e é de todos!
Protexamos a terra e mailo monte que nos deron!
Protexamos o medio natural e a cultura!
Protexamos o Galiñeiro!
LISTAXE DE ADHESIONS AO MANIFESTO POLA PROTECCION DA SERRA DO GALIÑEIRO
Real Academia Galega
Xosé Luis Méndez Ferrín, Presidente
X.L. Axeitos, Secretario
Ramón Lorenzo
X.L. Franco Grande
Darío Xohán Cabana
Manuel Rivas
Universidade
Salustiano Mato, Reitor UVI
X.Enrique Costas, Vicereitor UVI
Emilio Fernandez, Catedrático de Ecoloxía UVI
Camino Noia, Catedrática UVI
X.Manuel Beiras Torrado, Catedrático Estrutura Económica USC
Fermín Bouza Alvarez, Catedrático Socioloxía U. Complutense
J.R.Vidal Romaní, catedrático. Dtor. Laboratorio Xeolóxico de Laxe
Outras Institucións
Antón Vidal, Fundación Penzol
Carlos Méixome Quinteiro, Director do IEM
Xosé Lois Vilar Pedreira, Subdirector do IEM
Xosé Ramón García, Vogal de Xeiras do IEM
Alfredo López Fernández, Presidente de CEMMA
María Pérez González, Presidenta Federación de AA.VV.” Eduardo Chao”
Craig Patterson, Presidente da Asociación Internacional de Estudos Galegos
Joaquín Troncoso, Federación Hípica Galega
Carlos Calviño, Presidente da Aula Castelao de Filosofía
Santi Veloso,Dtor. De “Ponte nas Ondas”
Lourdes Castiñeira Souto, Pta- Montañeiros Celtas
Carlos Dominguez, Pte. Federación Hípica Galega
Editores
Miguel Anxo Fernán Vello
Manuel Bragado, Edicións Xerais
Antón Mascato
Literatura
Vitor Vaqueiro
Xavier Queipo
Alfonso Alvarez Cáccamo
Xavier Seoane
Marta Dacosta Alonso
Miguel Anxo Mouriño Fernández
Xabier Paz
Fran Alonso
Xurxo Borrazás
Xosé María Alvarez Cáccamo
Rexina Vega
Xabier Cordal
Manuel Forcadela
Manuel Vidal Villaverde
Carlos López Bernárdez
Antonio García Teijeiro
Anxo Angueira
Agustín Fernández Paz
Xosé Ramón Pena
Camilo Nogueira Román
Marga Lorenzo Romero
Marilar Jiménez Aleixandre
Música e Espectáculo
Xosé Ramón Paz Antón
Uxía Senlle
Carlos Blanco, Monologuista
Antonio Durán Moreiras “Morris”
Cándido Pazó, Contacontos
Abe Rábade
Fernando Abreu
Xornalismo
Begoña Fontenla Costas
Xosé Antonio Perozo
Manuel M. Barreiro
Gustavo Luca de Tena
Eduardo Rolland
Deporte
J. Luis Armada, Presidente Carreiras Orientación UVI
David Gómez, Atleta olímpico
Elías Dominguez, Atleta
Chano Veloso, Medallista paralímpico
Sechu López, Alpinista
Alejandro Gómez, Olímpico
Jesús Martinez Novás, Alpinista
J.Antonio Martinez Novás, Alpinista
Javier Maté, Ex xogador Celta de Vigo
Marcial Rodríguez Rey, ex ciclista profesional
Joaquín Carril Comesaña, escalador e alpinista
Outros
Felipe Senén López Gómez, Arqueólogo
Dionisio Pereira, Historiador
Luis Domínguez, Historiador
Anxo Cabada, Fotógrafo
Pepe Carreiro, Debuxante
Juan Chamorro, Fotógrafo
Antonio Soliño Troncoso, Arquiteto
Mª José Pérez Mariño, exDtra. Xeral de Ordeación e innovación Universitaria
2 Trackbacks / Pingbacks for this entry:
[…] bisbarras, da Terra de Turonio, pero tamén de Galicia e mais da Humanidade.” Extracto do Manifesto que lerá Manuel Rivas ao remate do roteiro. Baixa o tríptico (2Mb) cos planos e detalles do […]
[…] un extracto do Manifesto que Manuel Rivas lerá ao remate da III Andaina pola protección da Serra do Galiñeiro, organizada […]